Sunday 28 de April de 2024

Público e participantes califican de éxito rotundo o XV Campionato de Cetraría celebrado en Mesón do Vento


Óscar López Pena, actual campión nacional, alzouse co primeiro premio en sky trial. Antonio Paz Millán, Jose Guizan Trastoy e Evaristo González Rodiño completaron as primeiras clasificacións de cada modalidade. Todos eles foron proclamados Cetreiros do Camiño

O Mesón do Vento clausurou o XV Campionato Galego de Cetraría, calificado por moitos dos participantes e público asistente com “das mellores edicións das celebradas ata o de agora”. Unha competición na que a organización contou co apoio do Concello de Ordes que, según avanzou hoxe o seu alcalde na entrega de trofeos, “volveremos a brindar si se volve a celebrar aquí, algo que apoiamos completamente e que valoramos moi positivamente”.
Finalmente hai que falar de máis de 40 aves inscritas nas catro probas que se desenvolveron durante os dous últimos días, nun marco do máis idóneo en plena natureza. Na competición de sky trial (altanería) tanto o primeiro como o terceiro posto no podio foi para o compostelano Óscar López Pena, quen ademais actualmente é o campión nacional nesta modalidade na que se empregan falcóns. Francisco González García acadou o segundo lugar. En baixo voo zores a clasificación quedou encabezada por Antonio Paz Millán e Pedro San Juan, este último acadando o segundo e terceiro posto. Na categoría baixo voo harris os gañadores foron Jose Guizan Trastoy, Ignacio Orge e Jose Gregores Álvarez. Por último, en pequenas aves Evaristo González Rodiño, Víctor Manuel Pérez e Rafael Regos foron os que ocuparon o podio. Ademais, os primeiros de cada unha das categorías recibiron a maiores o premio de ser proclamados Cetreiros do Camiño.
José Luis Martínez Sanjurjo, rexedor de Ordes; Ana Soneira, edil de Medio Ambiente e José Manuel Rodríguez, concelleiro de Industria, foron os encargados de entregar os galardóns na tarde de hoxe. Non foron os únicos en respaldar coa súa presenza esta cita, xa que outras das que se deixou ver esta fin de semana polo Mesón do Vento foi Ana Díaz López, directora xeral de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Acompañándoa estiveron tamén Javier Nogueira, presidente da Federación Galega de Caza; e Dolores Abella, presidenta de Federación Galega de Cetraría. Esta última, ademais, foi a encargada de ofrecer unha das charlas temáticas que tiveron lugar no Museo do Traxe, así como de coordinar a mostra de aves que tivo lugar no mesmo espazo.